GEA INVICTA (Xurxo Fernández). Para gaita e electrónica
GEA INVICTA é unha obra composta para Gaita de fol en Sib e electrónica. Todos os elementos que se poden escoitar na pista da electrónica están realizados por Xurxo Fernández con gaita, sendo a continuación procesados dixitalmente. Soamente dous dos sons, un avión e unha bomba son efectos sonoros non creados con gaita. Os recursos foron moi diversos, dende percusión cun anel no punteiro, pasando por percusións con baquetas nun fol enchido de aire, até o propio "asubío" dos tubos sonoros ao paso do aire, por suposto, pasando pola toma de diversos punteiros. Todos os sons foron gravados e procesados con recursos como: reverb, paneo, harmonizadores, flangers, transporte do son, compresores... GEA INVICTA, Deusa Terra invicta, narra a continua loita que o home ten contra a Nai Terra, sabendo de antemán que Ela sempre será a vencedora. A través dos sons e das sensacións provocadas polos mesmos, o espectador deberá adentrarse nesta loita. Gaita en Sib: Xurxo Fernández Electroacústica *(Estrea absoluta)(Primeira obra composta para gaita e electrónica) Imaxes correspondentes ao concerto de Fin de Carreira de Xurxo Fernández, da especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular, realizado o 24 de xuño de 2011 no CMUS Superior de Vigo.
Похожие видео
Показать еще